ESTATUTOS

 

 

 

 

ASOCIACIÓN MICOLÓGICA

 

 

 

 

VIRIATO
ESTATUTOS DA ASOCIACION MICOLOXICA VIRIATO

 

CAPITULO I

 

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

 

Artigo 1º. Constituida o día 15 de marzo de 1984, en Cabañas-Pontedeume (A Coruña), coa denominación: "AGRUPACIÓN AMIGOS DAS SETAS VIRIATO  (BOLETUS EDULIS)", inscrita por Resolución do 30 de marzo de 1984, correspondéndolle o número 1.401 na Sección primeira do Rexistro provincial de Asociacións. Con fecha 7 de xullo de 1999 quedaron inscritos os novos  Estatutos que foran aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria da Entidade, celebrada o día 25 de xuño de 1999, co número 1.401/1ª, afectando ós seguintes extremos rexistrais:

 

Denominación: pasa a ser "AGRUPACIÓN MICOLOXICA VIRIATO (BOLETUS EDULIS)".

 

Aprobada a Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións, a Asemblea Xeral  Extraordinaria , celebrada o día 15.02.04, acordou derogar os Estatutos vixentes e que a sociedade pase a rexerse polos presentes Estatutos, pòla Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacions e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

 

Artigo 2º. A nova denominación da Entidade será: "ASOCIACIÓN MICOLOXICA VIRIATO".

 

Artigo 3º. Son fins principias da Asociación:

 

  1. Promover a divulgación e coñecemento da micoloxía.
  2. Fomentar calquer actividade tendente a conservación da natureza e medio ambiente.
  3. A prestación de servicios sociais ó conxunto da comunidade.
  4. Promover, nos termos establecidos na lexislación vixente, a extensión do uso do galego entre a comunidade.
  5. Contribuir , mediante a realización de actividades, á dinamización cultural da comunidade.

 

Artigo 4º. Para levar a cabo os seus fins, a ASOCIACION MICOLOXICA VIRIATO poderá organizar, entre outras, as seguintes actividades:

           

  1. Informarse e informar sobre as disposicións oficiais.
  2. Organizar actividades socio-culturais.
  3. Organizar cursos seminarios, conferencias e outros actos análogos.
  4. Elaborar e editar materiais formativos, revistas, folletos, e calquer outro tipo de publicación para a difusión das ideas da asociación.
  5. Elaborar os estudios e informes que considere convenientes e elevalos ó concello ou as autoridades competentes.
  6. Colaborar con outras asociacións en tarefas de prestación de servicos sociais e dinamización sociocomunitaria.
  7. Colaborar con outras asociacións e Federacións nas actividades que nos son propias.
  8. Realizar calquera outra actividade que en beneficio dos fins esenciais desta Asociación, poida resultar de proveito para a comunidade.

 

Como Asociación sen ánimo de lucro, os asociados e familiares, non serán os principias destinatarios das actividades realizadas pola Asociación.

 

Artigo 5º. O domicilio principal e permanente da Asociación radicará na localidade de SILLOBRE-FENE, parroquia de SANTA MARIÑA, rúa Mestre Lois Rodríguez número 1, código postal 15500, provincia de A Coruña.

 

Poderánse utilizar outros locais asociativos adicionais na mesma ou noutras localidades, mediante acordo da Xunta Directiva.

 

Artigo 6º. O ámbito territorial no cal, a tenor dos seus fins, vai realizar fundamentalmente as súas actividades é a provincia de A Coruña.

 

Artigo 7º. A duración desta Asociación é de carácter indefinido e se disolverá conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución Española e do resto do ordenamento xurídico vixente.

 

CAPITULO II

 

DOS ASOCIADOS

 

Artigo 8º. Poderán ser integrantes da asociación todas as persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reunan os seguintes requisitos:

 

  1. Que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación.
  2. Formalización escrita da integración.

 

Artigo 9º. Dentro da asociación poderán coexistir as seguintes clases de asociados/as:

 

1.      Fundadores, que serán aqueles que participen no acto de constitución da            asociación.

2.      Numerarios, que serán aqueles que ingresaron con posterioridade á constitución da asociación.

3.      Honorarios, que serán aqueles que a xuizo da Asemblea xeral ou da Xunta Directiva, segundo se estableza, se fagan acreedores de tal distinción por contribuir de xeito notable á dignificación ou desenvolvemento dos fins da asociación.

4.      Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que, no seu caso, estarán integradas na sección infantil.

5.      Outros: asociados/as benefactores, simpatizantes, etc.

 

 

Artigo 10º. Os asociados/as numerarios ou fundadores teñen os seguintes dereitos:

 

  1. Participar nas asembleas con voz e voto.
  2. Poder elexir ou ser elexido/a para os cargos directivos.
  3. Tomar parte en cantas actividades organice a asociación no cumprimento dos seus fins.
  4. Gozar todas as vantaxes e beneficios que poida proporcionar a asociación.
  5. Facerlles suxestións aos membros da Xunta Directiva cara a mellorar o cumprimento dos fins da asociación.
  6. Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da asociación.
  7. Aqueloutros que sexan recollidos na lexislación vixente.

 

Artigo 11º. Os asociados/as terán as seguintes obrigas:

 

  1. Asistir ás aembleas xerais.
  2. Satisfacer as cotas que se establezan.
  3. Desempeñar os cargos para os que foron elexidos.
  4. Prestar cantos servicios determinen os estatutos, o Regulamento de réxime interno e os acordos das asembleas xerais.
  5. Observar unha boa conducta individual e cívica.
  6. Cumprir os acordos da Asemblea xeral e o contido dos estatutos.
  7. Aqueloutras que se recollan na lexislación vixente.

 

Artigo 12º. Os asociados/as honorarios, infantís e outros terán as mesmas obrigas que os/as asociados/as fundadores e numerarios agás a posibilidade de intervir nos órganos de representación e de dirección da asociación.

 

Asi mesmo, terán idénticos dereitos coa excepción de poder elixir ou ser elexidos para os cargos directivos e poderán asistir ás asembleas xerais con voz pero sen voto.

 

Artigo 13º. Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida.

 

Artigo 14º. A condición de asociado/a pérdese:

 

  1. Por renuncia voluntaria comunicada por escrito a Xunta Directiva, e tralo aboamento das cotas debidas ata ese intre.
  2. Por impago dun numero determinado de cotas.
  3. Por realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da asociación.
  4. Por expediente disciplinario.

 

Artigo 15º. A expulsión de asociados/as sera acordada pola Xunta Directiva, trala audiencia da persona interesada. En todo caso o acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

 

 

 

Artigo 16º. A separación temporal dun/dunha asociado/da póderase producir:

 

  1. Por petición persoal do/da asociado/da por escrito.

 

a)      por estarse tramitando un expediente sancionador

b)      por outras causas xustificadas que o aconsellen: comportamentos que afecten a boa marcha dos fins da asociación ou por retraso nos pagamentos dalgunha cota.

 

 

CAPITULO III

 

DOS ORGANOS DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 17º.O goberno e representación da asociación están a cargo dos seguintes órganos:

 

  1. A Asemblea xeral, máximo órgano de goberno.
  2. A Xunta Directiva, órgano colexiado en que a asemblea delega o goberno da asociación.
  3. Presidente/a, o vicepresidente/a, o secretario/a e o tesoureiro/a, órganos unipersoais e con funcións de goberno e representación determinadas polos presentes estatutos.

 

Artigo 18º. A Asemblea xeral de asociados/as é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todos os seus integrantes. O/A presidente/a e o/a secretario/a serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

 

Artigo 19º. A Asemblea xeral reunirase con carácter ordinario unha vez ao ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10 % dos asociados/as. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido á Presidencia, autorizado coas sinaturas dos e das solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e o orde do día.

 

Artigo 20º. A Asemblea xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos catro meses seguintes do peche do exercicio.

Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 dias de antelación pola Presidencia da asociación, e deberá ser notificada por escrito no domicilio dos/as asociados/as.

Na convocatoria han de aparecer o lugar, data e hora da asemblea, así como a orde do día con expresión concreta dos temas a tratar e os anexos que procedan. Tamén haberá de sinalarse a hora da segunda convocatoria, sen que entre a primeira e a segunda convocatoria poida mediar un prazo inferior a media hora.

 

Artigo 21º. Para que as asembleas poidan tomar acordos, estarán integradas polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade mais un do total de asociados/as na primeira convocatoria ou con calquera número de asociados/as asistentes na segunda convocatoria.

 

Artigo 22. Os acordos tomaranse por mayoría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen ós negativos. Non serán computables os votos en blanco nin as abstencións.

 

Será precisa a mayoría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para:

 

  1. Ratificar a expulsión das e dos asociados por proposta da Xunta Directiva.
  2. Aprobar a federación con outras asociacións.
  3. Solicitar a declaración de utilidade pública.

 

Artigo 23. Son competencias da Asemblea xeral ordinaria:

 

  1. Aprobar o plan de actividades proposto pola Xunta Directiva.
  2. Examinar e aprobar a memoria de actividades.
  3. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
  4. Aprobar o orzamento proposto pola Xunta Directiva.
  5. Aprobar o Regulamento de réxime interno da asociación.
  6. Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias.
  7. Acordar a remuneración, de ser o caso, dos membros dos órganos de representación.
  8. As demais que resulten dos estatutos e que non estean expresamente conferidas á Asemblea xeral ou á Xunta Directiva.

 

Artigo 24. Son competencias da Asemblea xeral extraordinaria:

 

  1. Modificar os estatutos da asociación.
  2. Disolver a asociación e nomear os liquidadores.
  3. Aprobar a federación con outras asociacións.
  4. Ratificar a expulsión de asociados/as a proposta da Xunta Directiva.
  5. Solicitar a declaración de utilidade pública.
  6. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais.
  7. Elixir os integrantes da Xunta Directiva.

 

Artigo 25. Os acordos adoptados conforme cos preceptos anteriores obrigarán a todos e todas os asociados, mesmo aos non asistentes.

 

As sesións comezarán coa lectura por parte do/a secretario/a da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada. A continuación comunicará a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que corresponda, procedéndose á súa aprobación nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia que se trate.

Unha vez rematados todos os asuntos da orde do día abrirase, se así o considera oportuno o/a presidente ou o solicitan un 10 % dos asociados inscritos no libro de membros, a quenda de preguntas e suxestións. Concluido este punto, o/a presidente dará por rematada a sesión.

 

Artigo 26. Poderase recorrer contra os acordos que vaian contra destes estatutos ou infrinxan os fins da asociación en reposición perante a Asemblea xeral. A partir da resolución deste recurso quedará expedita a vía para recorrer a xurisdicción ordinaria.

 

Artigo 27º. A asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva composta por: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e vocais.

Todas as persoas que compoñen a Xunta Directiva deberán ser asociados/as, maiores de idade, estar en pleno uso dos dereitos civis e non estar incursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen perxuizos do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados.

Os cargos deberán ser designados e revocados pola Asemblea xeral extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de catro anos e poderán ser reelexidos.

 

Artigo 28º. Os cargos da Xunta Directiva cesarán na súa función polas seguintes causas:

1.      Por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva.

2.      Por expiración do mandato.

3.      Por incumprimento das obrigas que tiña encomendadas.

Nos casos 1) e 2) continuarán nos seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación de quen os substitua.

 

Artigo 29º. A Xunta Directiva reunirase con carácter ordinario unha vez o mes e con carácter extraordinario cantas veces o determine a Presidencia ou por petición de calquera dos seus membros.

A convocatoria realizarase como mínimo con tres días de antelación mediante citación persoal na que se recollerá a orde do dia.

Realizada a convocatoria, a xunta quedará constituida pola asistencia da metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos. No caso de empate, o voto do/a presidente/a será de calidade.

 

Artigo 30º. As facultades da Xunta Directiva estenderase, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea xeral. En particular son facultades da Xunta Directiva:

 

  1. Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
  2. Executar os acordos da Asemblea xeral.
  3. Convocar as asembleas xerais.
  4. Formular e someter a aprobación da Asemblea xeral o programa de actuación, así como a memoria de xestión correspondente.
  5. Formular e someter a aprobación da Asemblea xeral o orzamento do exercicio, así como os balances e as contas do exercicio pechado.
  6. Resolver sobre a admisión de novos asociados/as.
  7. Crear comisións de traballo co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos e actividades ou recadar delas informacións necesarias. Ao cargo destas comisións designarase un membro da Xunta Directiva.
  8. Nomear delegados para determinadas actividades da asociación.
  9. Interpretar os estatutos e o Regulamento de réxime interno e velar polo seu cumprimento.
  10. Calquera outra facultade que non sexa de exclusiva competencia da Asemblea xeral.

 

 

Artigo 31º. A Presidencia da Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

 

  1. Presidir e dar por rematadas as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea xeral, dirixir as deliberacións dunha e doutra, e decidir con voto de calidade en caso de empate.
  2. Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado.
  3. Ordenar pagamentos e autorizar coa súa sinatura os documentos, actas, certificacións e correspondencia.
  4. Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou conveniente, sen perxuizo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.

 

Artigo 32º. O/A presidente/a será asistido nas súas funcións por un/unha vicepresidente/a, que, ademais, substituirano/a nos casos devacante, ausencia ou enfermidade.

 

Artigo 33º. O/A secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados/as e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, asi mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente/a. Deberá tamén presentar as contas anuais e o cumprir as obrigas documentais nos termos que legalmente se establezan.

 

Artigo 34º. O tesoureiro/a exerce a dirección dos traballos de xestión económica da asociación, a custodia e levanza dos libros de contabilidade e os inventarios, así como todolos documentos económicos necesarios para a elaboración das contas e balances.

Deberá preparar os orzamentos, as contas anuais e os balances perante a Xunta Directiva e a Asemblea xeral, asi como dar cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a presidente/a.

 

Artigo 35º. Os/as vocais no número que determine a Asemblea xeral terán as seguintes atribucións:

 

  1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
  2. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

 

 

CAPITULO IV

 

REXIME ECONOMICO

 

Artigo 36º. A asociación como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderá distribuir os recursos obtidos entre os/as asociados/as, senón que, deberár destinarse, exclusivamente, ao cumprimento dos seus fins.

 

Artigo 37º. O patrimonio da asociación é de quince mil euros.

 

Artigo 38º. O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano. Así, o seu orzamento será anual e deberá ser aprobado pola Asamblea xeral ordinaria do exercicio económico que corresponda e a liquidación do orzamento terase que presentar necesariamente, na Asemblea xeral ordinaria inmediatamente posterior ao remate do exercicio.

 

Artigo 39º. Anualmente e con referencia ao derradeiro día do exercicio económico de cada ano, practicarase o inventario e o balance de situación, que se formalizará nunha memoria que será posta a disposición dos/as asociados/as durante un prazo non inferior a 15 dias do día sinalado para a Asemblea xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

 

Artigo 40º. Os recursos económicos dos que dispón a asociación para o cumprimento dos seus fins son:

 

  1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.
  2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e que sexan aprobadas pola Asemblea xeral.
  3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder os organismos públicos, entidades privadas ou particulares.
  4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
  5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

 

Artigo 41º. Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a asociación os ten depositados, deberá a entidade bancaria ter recoñecidas as sinaturas que corresponden ao/á presidente/a, e o/a tesoureiro/a, para o seu emprego conxunto.

 

 

CAPITULO V

 

DO REGULAMENTO INTERNO

 

Artigo 42º. O regulamento de réxime interno, de ser o caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, e non poderán ir en ningún caso en contra do estipulado neles.

 

 

CAPITULO VI

 

MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 

Artigo 43º. Os presentes estatutos poderán ser modificados por proposta da Xunta Directiva ou un cuarto dos asociados/as.

A convocatoria da Asemblea xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 10 días para que calquera asociado/a poida dirixirlle á Secretaría as propostas ou enmendas que considere oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días a súa realización.

 

Artigo 44º. Para ser aprobada a reforma dos estatutos será necesario o voto favorable de 2/3 dos membros da Asemblea xeral de asociados/as.

 

Artigo 45º. A asociación disolverase polas seguintes causas:

 

  1. Pola vontade das 2/3 partes dos asociados/as.
  2. Por outras causas determinadas legalmente.
  3. Por sentencia xudicial.

 

Artigo 46º. Acordada a disolución a Asemblea xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto ao/á presidente/a e o/a tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando as débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doaráselle a outra entidade de carácter non lucrativo, inscrita no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma e que teña os mesmos ou similares fins.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

 

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL

 

En todo canto non estea previsto nos presentes estatutos aplicarase a vixente Lei 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e as disposicións complementarias.