A Festa

Alá polo 1999 un grupo de veciños de Arantei comezou a matinar en que os Viños de Arantei deberían ter unha promoción diferente á habitualmente se pode recibir nas Festas do Viño tradicionáis, últimamente máis centrados nas grandes adegas e nos colleiteiros profesionáis.

Durante anos estiveran notando coma os vendedores que tradicionalmente ían de porta en porta buscando veciños que lles vendesen os seus caldos comezaran a desaparecer. Isto para as nosas xentes é un pequeno problema, xa que estas vendas supoñían uns cartiños que nunca viñan mal e que a máis dun lle libraron dun apuro.

Tamén pensaron sobre a data máis indicada para celebra-la Festa e chegaron á conclusión de que a data indicada era a mediados de novembro, cando a fermentación dos viños do ano ven de rematar. Deste xeito, aqueles que acoden á Festa beben os primeiros viños de Arantei, o que dado a enorme calidade que atesouran os caldos desta parroquia, é todo un privilexio.

Foi así coma nese ano, e case por sorpresa, se celebrou a I Festa do Viño Novo de Arantei, que pouco a pouco foise consolidando ata hoxe en día, no que xa obtivo o apoio do Concello de Salvaterra de Miño, o que é sen dúbida unha grande noticia con respecto ó seu futuro.

Sexan pois todos benvidos.

Uvas de Albariño
Racimo de Albariño
Viña Nova
Viņa nova
© Contremo, 2005