Instalacións 

Comandos de Unix

 

Comandos básicos de Unix

Uso do comando "crontab" : planifica tareas a executar.

Cambiar o propietario dun ficheiro

Debian

Explicámosche como instalar a nova versión de Debian

 

Kernel

 

Como recompilar o kernel

 

 

 

 

Benvidos ó primeiro numero desta modesta revista dedicada ó mundo de Linux, o obxectivo principal é o de pór á disposición dos internautas os nosos coñecementos sobre Linux, creando articulos e documentos que lles axuden a desenvolverse con máis soltura no entorno dun sistema operativo que está en pleno apoxeo hoxe en día.

Imos intentar escapar do uso esaxerado dos tecnicismos para poder explicar de forma clara todolos conceptos sobre Linux. Esta revista espera que todo aquel con experiencia en Linux nos axude a mellorala e crear novos contidos e daqueles que se inician que envíen consultas e suxerencias.

A páxina está diseñada dunha forma sinxela, para que a navegación sexa o máis rápida posible, por iso non usaremos case nada feito en java, ou non abusaremos dunha grande cantidade de fotos para que a páxina se cargue o antes posible. O importante non vai ser o deseño na páxina, se non os contidos, darémoslle prioridade á realización dos contidos que é o realmente importante. Calquera suxerencia para facer a páxina máis amigable podes facernola chegar á nosa dirección de correo.Esta páxina está aberta ós internautas que queiran mellorar algunha sección ou incluir algún comentario, axúdanos a dar un mellor servicio!.

Incluironse dúas novas seccións que permanecerán fixas a partires deste número, a primeira recollerá documentación en galego atopada en Internet, tales como "comos" feitos por GzLiNuX, que é un conxunto de usuarios de GNU/Linux que se adican, entre outras cousas a traducir documentación ó galego ou incluso á creación de documentos propios. Neste número incluimos varios articulos traducidos por eles, para formularlles calquera consulta podes enviarlles un correo a gzlinux@egroups.com

A outra sección incluida conterá documentos en castelán,que como no caso anterior, foron atopados en internet, tamén terá articulos feitos por GALINUX, como neste número que explicamos como instalar as man en castelán,pois de momento non as atopamos en galego, e pensamos que é mellor saber como se realiza dita instalacion e configuración para cando estea dispoñible en galego e porque as man en castelán son menos ariscas que en inglés.Poremos tamén nesta sección links a páxinas en castelán moi importantes sobre Linux,tal é o caso da asociación de usuarios españoles de GNU/Linux ou a páxina de cómos en castelán (INSFLUG).

 

 

 

 

 

 

Noticias

  • 10 e 11 de novembro : Celébrase o III congreso de Hispalinux

    Estes días de novembro celebraráse o xa terceiro congreso de HispaLinux, que conta coa presencia de persoas tales como Miguel de Icaza e Richard Stallman.

  • 15/Agosto/2000: Nova versión de Debian

    Co nome en clave "potato", a nova versión da Debian foi liberada o 15 de Agosto de 2000 ás 00:00 horas. Esta gran distribución de Linux soporta as seguintes arquitecturas: ARM, PowerPC,intel x86,Alpha e Motorola 680x0.

  • Xullo/2000: Xfree4.0.1 xa está dispoñible

    A XFree86 Project, Inc é unha organización sen ánimo de lucro que produce XFree86, unha implementación open-source de distribución gratis do Sistema X Window. A versión 4.0 incorpora características tales coma modularidade, un servidor de fontes integrado no servidor,... e múltiples modificacións que teñen como consecuencia unha mellora notable no rendemento do servidor.

 

 

 

 

 

 

Este primeiro número está aínda en proceso de creación, así, moitos artículos están sen rematar.Cando estea feito o primeiro número aperecerá na sección de noticias.

Se queres que che notifiquemos cando fagamos modificacións na páxina, envianos un correo.

Programación

 

 

 

 

Documentos en galego

 

O que debes saber sobre particións

Multiarranque con lilo: Win95 + WinNT + Linux

Cores con terminais Linux

 

Información en Español

 

Cómo pór as páxinas man en español

Asociación de usuarios españoles de GNU/Linux

 

"Cómos" en castelán

Conceptos sobre Redes por Rusty Russell e traducido por Ricardo Javiar Cárdenes Medina

Introducción á administración de redes

Seguridade en Linux

Servidor de Intranet

Cómo configurar un servidor de nomes DNS (Domain Name Service)

DHCP :obtendo direccións IP dinámicamente