ESTA É A PÁXINA NA REDE

DO

DEPARTAMENTO DE GALEGO

DA EOI (ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS) DA CORUÑA


[ 0] INICIO [actualizado OUTUBRO / 2000]

[volver a Inicio: preme Ctrl+Inicio]


Aquí atoparás:

[01] Unha introducción ós estudios de LINGUA GALEGA na EOI.

[02] Os contidos dos 5 cursos académicos

( DOG nº 147, 28/VII/1990; Decreto 392/1999, de 19 de xullo)

[03] A bibliografía obrigatoria e recomendada.

[04] Información para alumnos oficiais.

[05] Información ACCESO DIRECTO [ensino oficial]

[06] Información para alumnos libres.

[07] Taboleiro.

www.oocities.org/galego_eoi_acorunha

correo: galego_eoi_acorunha@hotmail.com .


www.arrakis.es/~eoi/index.htm

[observación: podes copiar o enderezo (Ctrl+c) na barra dun navegador (Ctrl+v) ou buscar en arrakis "eoi"]

correo: eoi@arrakis.es .


[ 1] Unha introducción ós estudios de LINGUA GALEGA na EOI.
Na EOI da Coruña podes estudiar LINGUA GALEGA en 5 CURSOS ACADÉMICOS.

O Ciclo Elemental ( 3 anos) céntrase en:

ortografía e gramática.

uso oral.

uso escrito.

introducción á traducción.

O Ciclo Superior (2 anos) céntrase en:

perfeccionamento do uso escrito.

traducción avanzada.

coñecementos de tipo teórico-filolóxico.

Podes cursalos por OFICIAL ou por LIBRE.

Por OFICIAL o ensino é curso a curso. Avaliación Continua e probas trimestrais.

Por LIBRE é por "ciclos".:

Ciclo Elemental (1º, 2º, 3º) / Ciclo Superior ("4º", "5º")

Os exames compóñeos probas escritas baremadas.

Non temos ensino a distancia.

ACCESO DIRECTO

Non é necesario empezar o ensino oficial en 1º.

Existen un amplo abano para acceder directamente a 2º ou 3º:

A 2º mediante calquera título de ensino medio, bacharelato ou "perfeccionamento".

A 3º a través das materias universitarias de Lingua Galega (por exemplo de filoloxía ou maxisterio)

En ámbolos dous casos tamén a través das Probas de Nivel.

Os cursos de galego da EOI contan

Teñen PUNTUACIÓN para diversos concursos de méritos.

Dan CRÉDITOS (teñen consideración de Materia de Libre Configuración)

www.udc.es/cap4/reconcre.asp

[www.udc.es] [temas académicos][recoñecemento de créditos de libre elección]

O APROBADO EN XUÑO GARANTE UNHA PRAZA EN CALQUERA OUTRA IDIOMA NO CURSO SEGUINTE.


¿Que cursar?

Para axudarvos a que seleccionedes unha opción (Oficial 1º, Acceso Directo a 2º ou 3º, Libre)

AQUÍ TEDES UNHA INDICACIÓN DO NIVEL REQUIRIDO:

1º esíxese:

Utilización correcta da gramática e dun léxico básico. Lingua fluída oral e escrita.

¡Se estás seguro de ter ese nivel, matricúlate en 2º por Acceso Directo!

2º esíxese:

Utilización correcta e fluída da lingua falada e escrita. Bo dominio da gramática e o vocabulario.

Poderías matricularte en 3º por Acceso Directo, ben por Validación ou por Proba de Nivel (xuño)

3º esíxese:

Un dominio excelente da lingua oral e escrita. Moi bo coñecemento da gramática. Bo coñecemento do léxico.

¡Se estás seguro de ter ese nivel, matricúlate por Libre do Ciclo Elemental!



O Acceso Directo non presupón o aprobado de ningún curso.

De o utilizares, axéitate ó teu nivel real. Non ten sentido entrar en 2º ou 3º se se suspende: ¡non terás aprobado ningún curso! O suposto tempo gaño perderase (se repites) e non te sentirás cómodo nun nivel para o que non esteas preparado.

Os Exames Libres por Ciclos esixen un alto nivel, mesmo o Ciclo Elemental.

¿ Estás seguro de que posúes ... Un dominio excelente da lingua oral e escrita. Moi bo coñecemento da gramática. Bo coñecemento do léxico? (nivel final de 3º)

Estas expresións ("dominio excelente",...) concrétanse na práctica nun exame baremado no que terás que responder correctamente o 70% das cuestións ("ítems")

De feito a proporción de aprobados nos Libres (Ciclo Elemental) está entre o 5% e o 10%¡!

Ciclo Superior (Libres)

Se para ti a Lingua Galega non ten segredos... O teu é matricularte no Ciclo Superior.

[... Unha vez superado o Ciclo Elemental]

_______________________________________________________________

[ÓS NON-GALEGOS RECOMÉNDASELLES CURSAREN OS CURSOS DA XUNTA (Iniciación e Perfeccionamento) antes de matriculárense en 1º da EOI]

_______________________________________________________________


[ 2]Os contidos dos 5 cursos académicos.

( DOG nº 147, 28/VII/1990; Decreto 392/1999, de 19 de xullo)



CICLO ELEMENTAL

1º CURSO

1.- Fonética.

O alfabeto galego. Nomes das letras.

Fonemas vocálicos. Abertos e pechados.

Ditongos e tritongos.

Fonemas consonánticos.

A ortografía. Grafemas. O acento. Signos de puntuación: a diérese, o guión.

2.- O substantivo.

O xénero e a formación do feminino. Substantivos masculinos e femininos de especial interese: o xénero das árbores froiteiras, os terminados en -axe e en -se (grego -sis), os procedentes de -ANU/_ANA e -ANE.

O número. Singular e plural. A formación do plural. O plural dos terminados en -L e -N. Os terminados en vocal ou ditongo.

3.- O adxectivo.

Xénero e número.

Gradación do adxectivo: igualdade, inferioridade e superioridade.

Posición.

4.- O artigo.

O artigo determinado. Contraccións. 2ª forma.

O artigo indeterminado. Contraccións.

Usos principais.

5.- O pronome persoal.

Formas tónicas e átonas. Concorrencia das formas átonas. Uso de TE e CHE. Emprego das formas oblicuas no 2º termo da comparación. Regras xerais da súa sintaxe .

6.- O demostrativo.

Formas. Masculino, feminino e neutro.

Contraccións coas preposicións. Usos e valores especiais.

7.- O posesivo.

Formas. Posesivo precedido do artigo. Posición.

8.- Os indefinidos e numerais.

9.- Relativos, interrogativos e exclamativos.

Construccións especiais.

10.- O verbo.

Conxugación dos verbos regulares e irregulares.

Verbos con alternancia vocálica da 2ª e 3ª CONX.

Perífrases: Ter que + inf., ir + inf., haber (de) + inf., haber que + inf., ter + participio, dar + participio, estar + xerundio, estar a + inf., ir + xerundio, andar + xerundio, andar a + inf.

11.- O adverbio.

A afirmación, a negación e a dúbida.

12.- A preposición.

2º CURSO

1.- Fonética.

Valor significativo do timbre. Oposicións fonolóxicas.

A sílaba; estructura. Agrupacións vocálicas e consonánticas. Grupos consonánticos máis frecuentes e dubidosos. Palabras cultas e semicultas. Familias léxicas irregulares.

Os signos de puntuación.

Entoación. Pautas de entoación: ascendente, descendente,... Estructuras entonativas: enunciativas, interrogativas, exclamativas, dubitativas,...

N velar e N alveolar.

2.- O substantivo.

Aumentativo, despectivo e diminutivo.

Palabras compostas.

O significado do xénero. Casos especiais na formación do feminino..

3.- O adxectivo.

Clases e posición. Apócope.

Concordancia. Casos especiais.

A gradación. Formas analíticas e sintéticas. O superlativo.

4.- O artigo.

Usos cos Nomes Propios, Nomes Xeográficos e en Expresións Temporais.

A forma EL. Secuencias nas que non contrae a preposición co artigo.

5.- O pronome persoal.

Profundamento no uso dos pronomes TE e CHE.

O pronome de Solidariedade e o de Interese.

Secuencias de pronomes átonos.

Os reflexivos. Uso con verbos transitivos.

A colocación do pronome átono, profundización.

6.- Os demostrativos.

7.- Os posesivos.

8.- Os numerais.

9.- O verbo.

Grupo de verbos que se mantiveron na 2ª (rexer, ocorrer,...)

Verbos con alternancia vocálica.

Usos e valores dos distintos tempos.

Formas infinitas: Infinitivo, Xerundio e Participio.

Uso do Infinitivo Conxugado.

Perífrases. Formas, valores e usos.

10.- O adverbio.

Locucións adverbiais.

11.- A preposición.

Locucións prepositivas.

12.- A conxunción.

Léxico para o primeiro curso.

1. O tempo cronolóxico.

2. O corpo humano. O aspecto físico.

3. A saúde e as doenzas.

4. A casa e arredores.

5. Utensilios e obxectos da casa e da cociña.

6. A cidade. A paisaxe urbana.

7. A gastronomía: comidas e bebidas, productos e receitas; lugares vinculados ás comidas e bebidas: cafeterías, restaurantes,...

8. A indumentaria (roupa, calzado,...)

9. Relacións de parentesco.

Léxico para o segundo curso.

1/2/3. As diversións, os deportes, os xogos.

4. A xeografía. A paisaxe.

5/6. Árbores e plantas.

7. A fauna. Os animais.

8. Fenómenos meteorolóxicos.

9/11. Oficios e profesións. O ensino.

10. Estados psíquicos, sensacións e sentidos.

12. Pesos e medidas.

3º CURSO.

1.- Fonética .

Fenómenos especiais que afectan o vocalismo: prótese, epéntese, paragoxe; aférese, síncope, apócope. Vacilación vocálica.

Fenómenos consonánticos: gheada, seseo, yeísmo, rotacismo, despalatalización,...

2.- O pronome persoal.

O desprazamento de significación. O maxestático.

Os reflexivos: ampliación. Uso con verbos pronominais. Pasiva. O SE da pasiva.

A interpolación.

CHE/TE: verbos que admiten dobre construcción.

3.- O verbo.

-Vocais abertas e pechadas nos verbos regulares e irregulares.

-Profundamento no uso do IC..

-Construcción verbal: copulativa, transitiva, pronominal e reflexiva.

A concordancia co suxeito. Construccións impersoais máis frecuentes.

4.- Modalidades oracionais.

Oracións enunciativas, interrogativas, exhortativas, imperativa e desiderativas.

Oracións exclamativas e desiderativas. Afirmativas e negativas.

-A interxección.

5.- Sintaxe.

A comparación.

Cláusulas temporais. Construccións posibles e nexos utilizados.

Cláusulas de lugar, causais, de relativo e completivas.

6.- Hª externa do galego.

-O nacemento do galego.

-O galego na Idade Media. Situación social da lingua.

-Séculos escuros. Causas da decadencia da lingua a nivel da escrita.

-Do rexurdimento á actualidade. Século XIX. Século XX. Situación de pre e posguerra.

7.- Situación actual da lingua.

-Linguas en contacto. O conflicto lingüístico. Bilingüismo e diglosia.

-Distribución social da lingua.

-Normalización e Normativización.

8.- A lingua estándar.

-A desviación da norma. Vulgarismos e Dialectalismos. Arcaísmos e lusismos. Fenómenos diferencialistas: o hiper galeguismo. Interferencias lingüísticas: os Castelanismos (fonéticos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos)

Léxico para o terceiro curso.

1. O universo. A natureza.

2. O medio agrícola. Labores, productos, ferramentas e máquinas.

3. O medio industrial.

4. A relixión e as crenzas.

5. Nomes xeográficos: toponimia.

6. Antroponimia. Nomes de persoa.

7. Medios de comunicación.

8. A informática.

CICLO SUPERIOR

4º CURSO.

1.- Revisión e profundamento do visto no CE.

2.- Sintaxe.

Tipos oracionais.

3.- Variedades sociais e contextuais.

Rexistros. Estilos ou Niveis. Variedades especiais: científico-técnica, médica,...

Variedades especiais: xergas (barallete, arxinas,...)

4.- Variedades xeográficas.

-Fonéticas, morfolóxicas e léxicas. Distribución dos distintos fenómenos.

-Bloques, áreas e subáreas lingüísticas.

5.- O galego na península.

-Caracterización do galego fronte ás outras linguas romances da península.

-Trazos conservadores e innovadores.

-Constitución da lingua. O latín traído á Gallaecia.

-Achegas de substrato. Significado do léxico e o seu uso.

-Achegas de superestrato. Significado do léxico e do seu uso.

-Préstamos.

-Voces patrimoniais, semicultas e cultas.

6.- A lingua na Idade Media.

-Características da lingua medieval: gráficas, fonéticas, morfolóxicas e léxicas.

-Textos en verso e prosa.

7.- A recuperación da lingua galega na escrita.

-Primeiras manifestacións nos séculos XVII-XVIII.

-O Rexurdimento. O uso da lingua en textos literarios.

-Intentos por establecer unha lingua estándar. Diccionarios e gramáticas.

8.- A Xeración Nós.

-Características lingüísticas dos textos da época.

5º CURSO.

1.- Revisión e profundamento do visto no CE e 4º.

2.- A traducción.

3.- O léxico.

A formación de palabras.

Familias léxicas regulares e irregulares.

Palabras derivadas.

Prefixos máis frecuentes. Sufixos derivativos. Sufixos diminutivos, aumentativos e despectivos.

4.- A semántica.

-Campos semánticos: descrición de campos semánticos de interese.

-Sinonimia, polisemia e homonimia.

-Antónimos e inversos.

-Tabú e eufemismo.

5.- Estado actual da situación lingüística.

-A recuperación lingüística de posguerra.

-A investigación e divulgación da lingua galega. Léxicos, gramáticas e diccionarios.

-A modernización do léxico e a creación de léxicos específicos.

6.- O uso do galego en distintos ámbitos.

-Literatura, medios de comunicación, administración, producción científica.

7.- Expresións e modismos.

Frases feitas. Expresións populares. Refráns, ditos e adiviñas.

-Insistencia no estudio e uso de locucións nominais, verbais, adverbiais, prepositivas e conxuntivas.

8.- Particularidades da sintaxe galega.

-Posición do pronome átono. A interpolación.

-Usos especiais do pronome EL.

-Casos con dificultade na comparativa.

-...

9.-Comentario lingüístico de textos.

-Comentario fonético, morfolóxico, sintáctico e léxico-semántico de textos.


[ 3] A bibliografía obrigatoria e recomendada.


PRIMEIRO CURSO

Libro de texto:

VVAA.- Lingua galega, 1º de BUP.- Ed. Santillana.

Mª Dolores Torres París.- Galego. Curso de Iniciación (I).- Xerais.

Mª Dolores Torres París.- Galego. Curso de Iniciación (II).- Xerais.

Libros de exercicios recomendados:

VVAA.- Prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

VVAA.- Exercicios de galego urxente.- Ed. Xerais.

VVAA.- Traballando co léxico (1).- Ed. Xerais.

Libros de lectura obrigatoria:

-NAVAZA, G..- Erros e tánatos.- Ed. Xerais.

-RIVAS, M..- Un millón de vacas.- Ed. Xerais.

-MARTÍN, P..- Das cousas de Ramón Lamote.- Ed. Galaxia.

Libros de consulta recomendados:

- RAG/ILG, 1995..-Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

- VVAA.- Manual de galego urxente.- Ed. Xerais.

-ARIAS L., V..- Prontuario ortográfico de galego.- Ed. do Cumio.

-VVAA.- Diccionario Cumio da Lingua Galega.


SEGUNDO CURSO

Libros de exercicios recomendados:

VVAA.- Prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

COLMENERO, Antonio.- Novas prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

BELTRÁN C., R.X..- Galego para oposicións.- Ed. Bahía.

VVAA.- Traballando co léxico (1).- Ed. Xerais.

VVAA.- Traballando co léxico (2).- Ed. Xerais.

VVAA.- Método activo de lingua galega (I).- Ed. do Cumio.

VVAA.- Método activo de lingua galega (II).- Ed. do Cumio.

Libros de lectura obrigatoria:

-VVAA.- Antoloxía do conto galego. Século XX.- Ed. Galaxia.

-ALCALÁ, X..- A nosa cinza.- Ed. Galaxia.

-XOHÁN CABANA, D..- Galván en Saor.- Ed. Xerais.

Libros de consulta recomendados:

- RAG/ILG, 1995..-Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

-ARIAS L., V..- Prontuario ortográfico de galego.- Ed. do Cumio.

-VVAA.- Gramática galega.- BB da CG.- Ed. Galaxia.

-Xosé Ramón Freixeiro Mato.- Gramática da Lingua Galega (2).- Ed. A Nosa Terra.

-VVAA.- Diccionario Cumio da Lingua Galega.

*Pode solicitarse unha copia no departamento.


TERCEIRO CURSO

Libros de exercicios recomendados:

VVAA.- Prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

COLMENERO, Antonio.- Novas prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

BELTRÁN C., R.X..- Galego para oposicións.- Ed. Bahía.

VVAA.- Método activo de lingua galega (I).- Ed. do Cumio.

VVAA.- Método activo de lingua galega (II).- Ed. do Cumio.

VVAA.- Traballando co léxico (3).- Edicións xerais.

Os diversos manuais de lingua galega de COU ou similares.

Libros de lectura obrigatoria:

BLANCO AMOR, E..- A esmorga.- Ed. Galaxia.

CUNQUEIRO, A..- Merlín e familia.- Ed. Galaxia.

CAMPO, Marica.- Confusión e morte de Mª Balteira.- Ed. Bahía.

Libros de consulta recomendados:

- RAG/ILG, 1995..-Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

-VVAA.- Gramática galega.- BB da CG.- Ed. Galaxia.

-Xosé Ramón Freixeiro Mato.- Gramática da Lingua Galega (1,2,3)

.- Ed. A Nosa Terra.

- GRAÑA NUÑEZ, X..- Vacilacións, interferencias e outros "pecados" da lingua galega

.- Ed. Ir Indo.

- PORTAS, M..- Língua e sociedade na Galiza.- Ed. Bahía.

- FERNÁNDEZ REI, F..- Dialectoloxía da lingua galega.- Ed. Xerais.

-VVAA.- Diccionario Cumio da Lingua Galega.


CUARTO CURSO

Libros de exercicios recomendados:

VVAA.- Exercicios avanzados de lingua.- Ed. do Cumio.

VVAA.- Prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

COLMENERO, Antonio.- Novas prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

BELTRÁN C., R.X..- Galego para oposicións.- Ed. Bahía.

Os diversos manuais de lingua galega de COU ou similares.

Libro de traballo para a clase:

VVAA.- Literatura Galega. Séculos escuros e Rexurdimento.-Ed. Vía Láctea.

Libros de lectura obrigatoria:

-CASTELAO, D..- Os vellos non deben de namorarse.- Ed. Galaxia.

-OTERO PEDRAYO.- Os camiños da vida.- Ed. Galaxia.

-NEIRA VILAS, X..- Memorias dun neno labrego.-

Libros de consulta recomendados:

- RAG/ILG, 1995..-Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

-Os diversos manuais de lingua galega de COU.

-VVAA.- Gramática galega.- BB da CG.- Ed. Galaxia.

-Xosé Ramón Freixeiro Mato.- Gramática da Lingua Galega (1,2,3)

.- Ed. A Nosa Terra.

- FERNÁNDEZ REI, F..- Dialectoloxía da lingua galega.- Ed. Xerais.

- FERREIRO, M..- Gramática histórica galega (1,2).- Ed. Laiovento.

- DICCIONARIO GALEGO DE XERAIS [A PUBLICAR A FINAIS DO 2000]

- DICCIONARIO CASTELÁN/GALEGO [XERAIS]

*Pode solicitarse unha copia no departamento.


QUINTO CURSO

Libros de exercicios recomendados:

VVAA.- Aprender palabras e significados. A Léxico-semántica. Aproximación ao seu ensino-aprendizaxe.- Ed. Vía Láctea.

VVAA.- Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación didáctica.- Ed. Galinova.

Os diversos manuais de lingua galega de COU.

VVAA.- Exercicios avanzados de lingua.- Ed. do Cumio.

VVAA.- Prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

COLMENERO, Antonio.- Novas prácticas de lingua.- Ed. do Cumio.

BELTRÁN C., R.X..- Galego para oposicións.- Ed. Bahía.

VVAA.- Método activo de lingua galega (I).- Ed. do Cumio.

VVAA.- Método activo de lingua galega (II).- Ed. do Cumio.

Libro de traballo para a clase:

VVAA.- Literatura Galega. Século XX.-Ed. Vía Láctea.

Libros de lectura obrigatoria:

RISCO, V..- O Porco de pé.- Ed. Galaxia.

FREIXANES, V..- O triángulo inscrito na circunferencia.- Ed. Galaxia.

MÉNDEZ FERRÍN, X.L..- Arraianos.- Ed. Xerais.

Libros de consulta recomendados:

- RAG/ILG, 1995..-Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

-Os diversos manuais de lingua galega de COU ou similares.

-VVAA.- Gramática galega.- BB da CG.- Ed. Galaxia.

-Xosé Ramón Freixeiro Mato.- Gramática da Lingua Galega (1,2,3)

.- Ed. A Nosa Terra.

VVAA.- Nova gramática para a aprendizaxe da lingua..- Vía Láctea.

[reintegracionismo]

- FERREIRO, M..- Gramática histórica galega (1,2).- Ed. Laiovento.

-VVAA.- Manual de linguaxe administrativa.- EGAP.

-VVAA.- Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega.- Ed. Galinova.

- DICCIONARIO GALEGO DE XERAIS [A PUBLICAR A FINAIS DO 2000]

- DICCIONARIO CASTELÁN/GALEGO [XERAIS]

*Pode solicitarse unha copia no departamento.


[ 4]Información para alumnos oficiais.

ASISTENCIA.

A asistencia é obrigatoria, polo que -se o profesor o estima oportuno- o alumno poderá ser dado de baixa, de ter unha falta de asistencia continua ou relevante.

_ Iso en ningún caso afectará a convocatoria de setembro.



NOTAS.

Unha parte da nota é "nota de clase" (avaliación continua) e outra "nota de exame".

__ Consecuentemente, unha nota de clase suspensa pode supoñer o suspenso global, independentemente da nota dos exames de cada avaliación.

_ Iso en ningún caso afectará a convocatoria de setembro.

A nota final será a media ponderada das 3 avaliacións.



CLASES.

As clases son de50 minutos reais, xa que hai un tempo de cambio entre elas (de "menos 5" a "e 5")

O Departamento de Galego dispón de:

_ clases diarias (1 hora cada día lectivo da semana)

_ clases alternas ( 2 horas segunda/cuarta/ 1 hora sexta OU 2 horas terceira/quinta/ 1 hora sexta)

_ cursos cuadrimestrais:

Cúrsase 1º (Outubro/Febreiro) e 2º (Febreiro/Maio) [2 horas diarias]



CLASES COMPLEMENTARIAS.

Fóra do seu horario normal (5 horas á semana), o alumno disporá de diversas clases complementarias, de mañá e de tarde, como CONVERSA, TRADUCCIÓN e APOIO.



A BIBLIOTECA DO CENTRO DISPÓN DE RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS ABUNDANTES.



O DEPARTAMENTO DE GALEGO FACILITARALLES ÓS ALUMNOS OFICIAIS BIBLIOGRAFÍA MÁIS ESPECIALIZADA OU TÉCNICA, SE ASÍ O REQUIREN E É POSIBLE.



Á parte da información do taboleiro, os alumnos teñen á súa disposición en Dirección a programación específica do Departamento de Galego.


[5] Información ACCESO DIRECTO [ensino oficial]

ACCESO DIRECTO A 2º ou 3º DE ENSINO OFICIAL. LINGUA GALEGA.

Circular nº 4/1999 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional pola que se autoriza ás Escolas Oficiais de Idiomas a permitírlle-lo ACCESO DIRECTO ó 2º ou 3º curso do ciclo elemental ás persoas que posúan as titulacións ou estudios de idiomas que se sinalan.

EXTRACTO DA RESOLUCIÓN:

Esta incorporación en ningún caso producirá efectos académicos:

Os alumnos e alumnas que accedan directamente ó 2º ou 3º curso do Ciclo Elemental [Ensino Oficial]... e que non obteñan cualificación positiva nas convocatorias ordinaria ou extraordinaria do curso ó que accederon, non poderán recibir cualificación ningunha no curso ou cursos anteriores.

ANEXO. GALEGO.



TITULACIÓN OU CURSO ACCEDE A
Curso de Perfeccionamento da Dirección Xeral de Política Lingüística. (1) (2)
Título da ESO [2º ciclo] ou equivalente. (1) (2)
Título de Bacharelato LOXSE ou equivalente. (1) (2)
Ter cursado unha Filoloxía (distinta da Filoloxía Galega) ou titulación equivalente ou que posúa materias (obrigatorias ou optativas) de Lingua e/ou Literatura Galega.

Requírese ter aprobadas 2 materias de Lingua ou Literatura Galegas.

Cursar Maxisterio ese ano.
Estar a cursar ou ter cursado Filoloxía Galega ou Galego-Portuguesa.
Estar a cursar unha Filoloxía (distinta de Filoloxía Galega) ou titulación equivalente ou que posúa materias (obrigatorias ou optativas) de Lingua e/ou Literatura Galegas (como Maxisterio)

Requírese ter aprobadas 2 materias de Lingua ou Literatura Galegas.

(1)Nota do Departamento de Galego:

Sobreenténdese que nas titulacións referidas o alumno cursou lingua galega.

(2)Nota do Departamento de Galego:

Curso de Perfeccionamento da Dirección Xeral de Política Lingüística.

Título da ESO ou equivalente.

Título de Bacharelato LOXSE ou equivalente.

As titulacións ou cursos anteriores poden estar en posesión dunha mesma persoa (por ex.: un universitario terá forzosamente un título da Eso ou equivalente e un Título de Bacharelato LOXSE ou equivalente)

Emporiso, están diferenciadas coa idea de que se poida orientar mellor o alumno na decisión de se debe ou non optar polo Acceso Directo.

RECOMÉNDASE: OPTAR Ó ACCESO DIRECTO SÓ SE ESTE SE PRODUCE NO MESMO ANO OU NOS 2 SEGUINTES Á OBTENCIÓN DO TÍTULO.

Ex.: Curso de Perfeccionamento 1997, cursos EOI 1997/1998, 1998/1999, 1999/2000.

Ex.: 2º ciclo da ESO 1998, cursos EOI 1998/1999, 1999/2000 e 2000/2001.

Ex.: Bacharelato LOXSE 2000, cursos EOI 2000/2001, 2001/2002 e 2002/2003.

¡! Nota do Departamento de Galego:

O ACCESO DIRECTO RECOMÉNDASELLES ÓS ALUMNOS GALEGO FALANTES OU BILINGÜES, ESPECIALMENTE SE CUMPREN O REQUISITO DE TEREN OBTIDO O TÍTULO OU CURSO (PERFECCIONAMENTO, ESO, BACHARELATO) NO ANO NO QUE SE MATRICULAN NA EOI OU NOS DOUS SEGUINTES.

DE NON SER ASÍ, O DEPARTAMENTO DE GALEGO NON RECOMENDA EN ABSOLUTO O ACCESO DIRECTO.


[6] Información para alumnos libres.

DEPARTAMENTO DE GALEGO DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DA CORUÑA.

ESTRUCTURA DOS EXAMES PARA ALUMNOS LIBRES.



CICLO ELEMENTAL

O contido axustarase, como é lóxico, ó programa establecido para Lingua Galega( DOG 147, do 28 de xullo do 1990 ), aínda que cunha configuración eminentemente práctica .

Constará de 5 probas, todas elas eliminatorias, distribuídas en 2días distintos:

1.- 1º bloque de probas:

A) PROBA PRÁCTICA (fundamentalmente de tipo test)

_____ __________ 1h. e 30 m. de duración.

. Constará de 3 partes:

Fonética e Ortografía (40 ítems), Morfosintaxe (60 ítems) e Léxico-Semántica (50 ítems)

(Dentro do apartado de Fonética e Ortografía o timbre vocálico representará +- 10 ítems)

.Avaliación:

- En cada parte haberá que obter ó menos o 50% dos ítems.

- En conxunto haberá que obter ó menos o 70% dos ítems.

- Tres preguntas (bloques de ítems) con cualificación "0" suporán o suspenso se o tribunal as considera básicas.

[haberá un receso de 15 m.]

B/C/D) Probas de TRADUCCIÓN e CONTROL DE LECTURAS/REDACCIÓN.

_______________ 1 h. e 30 m. de duración conxunta para as dúas probas.

B) TRADUCCIÓN.

25/30 liñas dun texto orixinal en español.

C/D) Control de Lecturas/Redacción.

CONTROL DE LECTURAS.

.Cada Departamento establecerá un total de 9 libros de lectura ( 3 por curso)

.Para o control de lecturas escolleranse 2 libros. Haberá que demostrar, a través das preguntas pertinentes, a lectura de ámbolos dous: se do exercicio se conclúe que non se leu algún deles, o alumno ficará suspenso.

REDACCIÓN.

.Na Redacción valoraranse non só os erros, senón tamén o dominio expresivo do idioma.

.Extensión máxima: 1 folio./Extensión mínima: 1 cara de 1 folio.

2.- Exame oral.

Baremo proba A:

total 70% 105= 5

106/109 = 5.5

110/114 = 6

115/119 = 6.5

120/124 = 7

125/129 = 7.5

130/134 = 8

135/139 = 8.5

140/144 = 9

145/149 = 9.5

150 = 10


ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS. LINGUA GALEGA.

ESTRUCTURA DOS EXAMES PARA ALUMNOS LIBRES.



CICLO SUPERIOR.

O contido axustarase, como é lóxico, ó programa establecido para Lingua Galega( DOG 147, do 28 de xullo do 1990 ), aínda que cunha configuración eminentemente práctica.

Constará de 5 probas, todas elas eliminatorias, distribuídas en 2 días distintos:

1.- 1º bloque de probas:

A) PROBA PRÁCTICA (fundamentalmente de tipo test)

_____ __________ 2 h. de duración.

. Constará de 3 partes:

Fonética e Ortografía (100 ítems), Morfosintaxe (100 ítems) e Léxico-Semántica (100 ítems)

.Avaliación:

- En cada parte haberá que obter ó menos o 60% dos ítems.

- En conxunto haberá que obter ó menos o 75% dos ítems.

- Tres preguntas con cualificación "0" suporán o suspenso se o tribunal as considera básicas.

[haberá un receso de 15 m]

B/C/D) Probas de TRADUCCIÓN e CONTROL DE LECTURAS/REDACCIÓN.

_______________ 1 h. e 30 m. de duración conxunta para as dúas probas.

B) TRADUCCIÓN.

50/60 liñas dun texto orixinal en español.

C/D) Control de Lecturas/Redacción-Composición.

CONTROL DE LECTURAS.

.Cada Departamento establecerá un total de 6 libros de lectura ( 3 por curso)

.Para o control de lecturas escolleranse 2 libros. Haberá que demostrar, a través das preguntas pertinentes, a lectura de ámbolos dous: se do exercicio se conclúe que non se leu algún deles, o alumno ficará suspenso.

REDACCIÓN-COMPOSICIÓN.

.Extensión máxima: 1 folio./Extensión mínima 1 cara de 1 folio.

.Na Redacción-Composición valoraranse non só os erros, senón tamén o dominio expresivo do idioma: puntuaranse os aspectos estilísticos de gramática, léxico, sintaxe e exposición.

2.- Exame oral.

Baremo proba A:

225= 5

226/ 233 = 5.5

234/ 241 = 6

242/ 249 = 6.5

250/ 257 = 7.

258/ 265 = 7.5

266/ 273 = 8

274/ 281 = 8.5

282/ 289 = 9

290/ 297 = 9.5

298/300 = 10


[7] Taboleiro.

... Aquí procuraremos estar ó día en horarios, notas parciais dos libres, etc.

AGRADECEMOS CALQUERA SUXESTIÓN.

CONTACTO:

http://www.arrakis.es/~eoi/index.htm

http://www.arrakis.es/~eoi/infoadm.htm

http://www.arrakis.es/~eoi/matricul.htm

correo: eoi@arrakis.es