Portal Estelas
ESTELAS DO LABERINTO


PEGADAS DEIXADAS NO VENTO POLOS PEREGRINOS DE SANTIAGO QUE CHEGARON ATA O
FIN DO MUNDO
 

RECOLLIDAS NOS AIRES DE GALICIA, XUSTO TRAS A RECICLAXE MENTAL DA CAMIÑADA,
NO ATARDECER DO ÚLTIMO DÍA.

 

 

Cadros e textos do pintor   MANUEL COSTAS CASTELIN, que describen  o percorrido virtual da senda da aprendizaxe profunda do Home, no seu peregrinar a través das etapas do LABIRINTO DA VIDA,
desde as súas bases esenciais
    ata a M
estría de Sí Mesmo.   

ELIXE UNHA ESTELA
Español

 

voltar ó INDICE     VISITA O PARQUE VIRTUAL DO FIN DO MUNDO EN FISTERRA

No seu navegar pola vida na busca da propia realización, un poeta vai deixando estelas de versos tras de si.

As etapas do peregrinar vital dun pintor quedan marcadas por estelas coloridas labradas a golpe de pincel sobre os antes inexplorados campos de tela dos seus lenzos.

Lenzos, estelas,campos,

campos, telas, estelas,

compostelas.

Eu non aprecio diferencias importantes entre  pensamento, sentimento, poesía, pintura e filosofía de vida; todo iso parécenme os reflexos e rastros que vai deixando a miña experiencia de vida no momento mesmo de vivila.

Como estelas dun navío ou dun cometa, as percepcións inmediatas do vivido permañecen visibles  durante algúns momentos mais que a vivencia obxetiva,   sobre o espazo-tempo da realidade subxectiva, conformando o plano da reflexión e da aprendizaxe.

Para min, unha obra de arte non é significante, se non é a expresión espontanea e persoal dun momento particular de consciencia intensificada, un anaco de Vida vivida a plena atención e dixerida coa reflexión.

O resto dos seus elementos parécenme só as súas vestiduras materiais, técnicas ou conceptuais, que poden asumir múltiples formas, segundo o momento e segundo os materiais expresivos que o artista ten a mán nese momento.

Eses elementos son só a concha baixo a que se esconde a pérola da incomunicable experiencia vital subxectiva dun intre de aproximación á Integralidade Vivencial.

(Negra Sombra que m'asombras)

O estilo formal é fluinte e cambiante, depende da evolución persoal do artista, como a longa vida de Picasso nos amosou. A verdadeira obra de arte que realiza un home, é a obra da súa vida, da cual as súas expresións artísticas son só reflexos, estelas.

Somos os creadores da nosa vida. Ímosla creando con o que somos, luces e sombras en contraste. O estilo que me interesa e me conmove, en un creador, é a súa maneira particular de crear o seu propio camiño vital, que é o mesmo que dicir a súa persoal maneira de sentir e de intentar vivir a vida, facéndoa unha expresión do máis auténticamente seu que nela sente.

As pinturas que vos apresento son as estelas que quedaron marcando os meus Camiños Vitais mais intensamente sentidos, estes son os tesouros que encontrei polo mundo, exteriorizados en imaxes e textos.

Graziñas a tantos e tantas Axudadores, ao Camiño e á Vida.

A Eles, e aos presentes e futuros Camiñantes da Intensidade, dedico e entrego esta obra.

 

Manuel Castelin, Primavera 1993, Vilamaga de Vigo.